Falamos de memoria
Falamos de Memoria é unha serie documental de reportaxes sonoras que percorren diferentes espazos da Coruña e da súa contorna para recuperar historias vinculadas á II República, á resistencia antifascista, á represión franquista e á memoria democrática. O podcast, producido pola Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de España en Liberdade, está formado por dez episodios que se publicarán semanalmente ao longo deste último trimestre do ano. Todos eles comezan coa creadora de contido Prado Rúa presentándonos in situ o espazo sobre o que versa o capítulo. Esta seri...
Falamos de memoria - Riazor
Falamos de memoria, a serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, dedica este episodio á relación entre o fútbol coruñés e a represión franquista. As voces de Arturo Lezcano, Rubem Centeno, Marta Otero e Selva García fálannos de figuras como a do fillo do secretario do Concello da Coruña asasinado polos golpistas, quen regresou para unha proba co Dépor e acabou triunfando no Barça, ou a persecución sufrida polos 'Irmáns da lejía' Esta produción da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade...
Falamos de memoria - Casa Cornide
Falamos de memoria, a serie documental da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, reconstrúe a operación pola que o histórico edificio da Cidade Vella coruñesa acabou nas mans de Carmen Polo, esposa do ditador Francisco Franco. Con Manuel Monge, Emilio Grandío e Carlos Babío analizamos a documentación deste espolio e os vestixios do franquismo que permanecen no espazo público Esta produción da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade ten como director editorial a David Lombao, director de Praza.gal, con Miguel Pardo na coordi...
Falamos de memoria - O Portiño
O quinto episodio da serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade trasládase aos cantís baixo o Monte de San Pedro para abordar as redes clandestinas de fuxida por mar tras o golpe e e a tentativa frustrada en marzo de 1937, así como a transformación do lugar, polo que nos guía Prado Rúa Os investigadores Dionisio Pereira, Emilio Grandío e Inés Merayo explican a importancia do anarcosindicalismo coruñés, o papel dos mariñeiros e das mulleres anarquistas nos primeiros instantes do golpe e o clima de persecución na cidade en...
Falamos de memoria - Campo da Rata
'Falamos de memoria', a serie da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, recupera as historias dos asasinatos perpetrados polos golpistas na contorna da Torre de Hércules, dende a execucións tras consellos de guerra ata os chamados paseos Prado Rúa guíanos por este espazo. Manuel Rivas, David Lozano, Antonio Míguez, Beatriz Gómez, Arturo Lezcano e Rubem Centeno reflexionan no episodio sobre a importancia do Campo da Rata, lugar de intimidación colectiva, e as historias persoas das vítimas e as súas familias. Esta produción da Fundación Praza Pública...
Falamos de memoria - A Silva
Este episodio da serie producida pola Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade recupera a historia dos ateneos libertarios da Silva, das súas escolas laicas e da intensa actividade política e sindical que quedou no albo da represión tras o golpe do 36 contra persoas coma o canteiro anarquista José Boedo, pai de Pucho. Tamén da resistencia das mulleres como Maruxa Seijas. A investigadora Beatriz Gómez Amigo, veciña da Silva; Xurxo Souto, Manuel Rivas e o historiador Dionisio Pereira percorren connosco A Silva, como se organizou fronte ao golpe e a memoria da súa ve...
Falamos de memoria - A casa de Casares Quiroga
O segundo episodio da serie producida pola Fundación Praza Pública co apoio de 50 en Liberdade percorre a Casa Museo Casares Quiroga para abordar a súa traxectoria política e persoal, as consecuencias do golpe de 1936 e a represión que sufriu a súa familia. O capítulo conta con catro testemuños de persoas vencelladas á investigación histórica e á memoria da familia Casares: Xosé Alfeirán, Pilar Mera, Emilio Grandío e María Lopo Esta produción da Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade ten como director editorial a David Lombao, direct...
Falamos de memoria - Monte Alto e As Atochas
O primeiro episodio da serie podcast, producida pola Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, mergúllase no labirinto urbano do barrio coruñés que antes do golpe concentraba a maior taxa de afiliación libertaria da cidade e despois virou en rede de resistencia fronte aos franquistas. Prado Rúa achéganos ao barrio, onde o equipo de Falamos de memoria se atopa co escritor Manuel Rivas, a investigadora Inés Merayo e os historiadores Daniel Palleiro e Dionisio Pereira, que nos explican a maquinaria do medo, o papel chave das mulleres na organización anarcosindi...