Conxecturas

40 Episodes
Subscribe

By: José Antonio Martínez

Opinións ou xuízos formados sobre meros indicios ou aparencias, sen un fundamento certo.

✂️ Turn this podcast into clips
153. Novembro podcasters rede usuarios
#153
Today at 3:37 PM

This is episode 153 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 6 de novembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

É de quente encanta engadir novos prestos a túa listase de seguindo. Benresis de novembro, son José Antonio e isto é con seturas. Desembarco choqueiro. Así poderíamos definir as últimas semanas nesta rede de prestos. Porque dos 722 podcasters registrados, xa somos catros da miña vila. Ah, que me esquecía. Choqueiro se como se coñecen os habitantes de Redondela. Seremos a vila como es presto castes por habitante? Da igual No mesmo seit...


151. Mel e mercados alternativos
151. Mel e mercados alternativos episode artwork
#152
Yesterday at 7:58 PM

Dedicado a quen vive nun piso no rural galego.

Es de quen necesita mel bo, bonito e barato para este inverno? Xoves, 5 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Chegoume hoxe un whatsapp para que me unise á compra colectiva de mel do Caurel, calidade asegurada. Sigo sorprendéndome do ben que funcionan estes mercados alternativos, alleos á realidade de tendas e centros comerciais (xa non digo nada de amazons e alixpres). Ofrecéronme de laranxas, que cruzaban toda a Península para seren repartidas entre compradores necesitados de zume da mañá; de aceite de oliveira, calidade cooperativa para os t...


150. Traballo fixo e liberdade
150. Traballo fixo e liberdade episode artwork
#151
Last Wednesday at 2:26 PM

This is episode 151 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 4 de novembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen cres que un traballo fixo faría á xente máis libre? Mércores, 4 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. A precariedade laboral coarta en moitos casos o exercicio de dereitos fundamentais das persoas. Non é que quen se mova non sae na foto, como dicía Alfonso Guerra para falar da realidade dos partidos políticos, senón que quen fale, non digo proteste, ou que simplemente faga unha pregunta p...


149. Unha barca, un erro no centro da vila
149. Unha barca, un erro no centro da vila episode artwork
#150
Last Tuesday at 2:44 PM

This is episode 150 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 3 de novembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen se enfada e berra á xente cando ti cometes un erro? Martes, 3 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Dous prestocasters camiño do traballo a piques de seren atropelados por unha barca. No centro da vila! O enganche dun remolque soltouse (ou rachou) e con barca incluída, saiu proxectado enriba dunha beirrarúa. Sen danos. Un forte ruído e unha voz que me dicía: "Corre!", que é o que fix...


148. Larpeirada. Desvirtualizando
148. Larpeirada. Desvirtualizando episode artwork
#149
10/30/2026

This is episode 149 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 30 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen cres que desvirtualizar é mellor que imaxinar? Venres, 30 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Sábado, 9:45 da mañá. Catro podcasters almorzando nunha cafetaría da Coruña. Inconfundibles (as fotos das redes sociais axudan). Ao saudármos e ao escoitar as súas voces, teletransporteime á gravación dun dos episodios de "Los Últimos de Feedlipinas". (xa tardas se non o coñeces) A maxia do podcasting. E iso que faltaba o micr...


147. Por tantos
147. Por tantos episode artwork
#148
10/29/2026

This is episode 148 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 29 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen non entendes ás veces o que te están a vender? Xoves, 29 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Mirei unha pantalla que proxetaba un reloxio e, de súpeto, apareceu un banner publicitario que me dicía: "Dios está contigo". Unha chamada da divindade. A Biblia está chea delas: voces que veñen do ceo, visións nocturnas, persoas interpostas, anxos, mesmo unha silva ardendo. Agora marketing online. E pa que...


146. PrestoCast, o speed-dating do podcasting
146. PrestoCast, o speed-dating do podcasting episode artwork
#147
10/28/2026

This is episode 147 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 28 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen cre que Prestocast aporta algo singular ao mundo do podcasting? Mércores, 28 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Non hai nada que lle guste máis a un podcaster que falar de podcating, como repite Emílcar, o espírito santo do podcating, en palabras de @jeanbedel. Emílcar, prestocaster desde a fase beta e o que ten máis seguidores despois de @joanboluda, é de quen abrazaron con paixón ri...


145. Fenómeno fan.
145. Fenómeno fan. episode artwork
#146
10/27/2026

Hai prestos que aparecen nas sobremesas das comidas. Dedicado a Gore.

Es de quen cre que Jorge Drexler é o Justin Bieber dun público de mediana idade orientado á esquerda? Martes, 27 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Hai moito fan. Persoas que siguen a persoas, equipos, grupos, que se implican con elas máis alá do que parecía normal (é dicir, habitual, do que fan noutros ámbitos da súa vida). Hai quen fai km para acompañar a un equipo de fútbol a un partido irrelevante a golpe da metade da semana laboral. Hai que paga case...


144. Espellos
144. Espellos episode artwork
#145
10/23/2026

Nas tendas de roupa utilízase unha combinación de física sinxela, colocación estratéxica e deseño de iluminación para que a figura se vexa máis estilizada e a roupa resulte máis atractiva: A inclinación do espello é o truco máis común. Cando o espello non está totalmente pegado á parede en vertical, senón lixeiramente inclinado coa parte superior cara a atrás ou apoiado no chan, créase unha perspectiva que alarga visualmente as pernas e fainos parecer máis altos e esveltos, de forma semellante a cando se saca unha foto desde un ángul...


143. Desvirtualizar
143. Desvirtualizar episode artwork
#144
10/22/2026

Grupo de Telegram de Larpeirada&Podcast: @larpeiradaypodcast https://www.fundeu.es/recomendacion/desvirtualizar-y-desvirtualizacion-terminos-adecuados/

Es de quen vai ir á Coruña este sábado? Xoves, 22 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Non atopo a palabra no dicionario da RAG nin na RAE. Este termo, tan utilizado no mundo podcastil, si que é recollido pola Fundeu, que o define coma "coñecer en persoa a alguén con quen previamente se estableceu unha relación virtual". Isto é o que vai acontecerme este sábado 24 de outubro na Coruña, grazas ao Larpeirada&Podcast, que segue a xeira dos Eventos de P...


142. TikTok, patacas e o extremo centro
142. TikTok, patacas e o extremo centro episode artwork
#143
10/21/2026

This is episode 143 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 21 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen pasa o tempo vendo vídeos de TikTok? Mércores, 21 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Non teño Tiktok. Por sorte, porque perdería moito tempo entre vídeos verticais. Ou faría o meu día, coma din eles. Hoxe sorprendeume unha rapaza que me comentou que estaba contenta porque onte aprendera a facer patacas no microondas. Estaban ricas. Non sei que de envolvela nun papel, metelas n...


141. A IA e a experiencia relixiosa (Enrique Iglesias)
141. A IA  e a experiencia relixiosa (Enrique Iglesias) episode artwork
#142
10/20/2026

"Nesta era da intelixencia artificial, convértese en urxente distinguir a arte humana do que producen as máquinas. Hai unha diferenza ontolóxica, mesmo antes dunha de orde estética, entre a arte e o que unha máquina pode xerar mediante cálculo estatístico baseado en millóns de imaxes creadas por outros. Ás máquinas lles falta a chispa da humanidade. Por esta razón, a Igrexa desexa renovar unha alianza cos artistas e coas institucións culturais para salvaguardar a nosa humanidade" https://thegrowtheq.com/the-pope-is-right-in-defense-of-human-excellence/ https://www.youtube.com/watch?v=3DV57Y4tEAM

...


140. Follow Presto Friday. Ufonias @rnf
140. Follow Presto Friday. Ufonias @rnf episode artwork
#141
10/16/2026

https://prestocast.com/rnf/

Venres, 16 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Non hai nada mellor que celebrar e recomendar a chegada dun novo presto. Nado co espírito dos primixenios blogs, que se abrían a todos cun "ola, mundo". Fala do impacto da portada dun libro. E canto podería contar dos inicios de obras literarias Viaxa dende o vidro á Arde Bogotá. De Emmanuel Carrere, ao tempo. E de aí a nova premio nobel de literatura, para rematar cos "señores do vento". Cada presto co seu propio sentido, mais marabillosamente ligados. Ufonías, de Ramón N...


139. Paranoias, algoritmo e Youtube
139. Paranoias, algoritmo e Youtube episode artwork
#140
10/14/2026

This is episode 140 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 14 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen se soprende coas recomendacións que te ofrece Youtube? Mércores, 14 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Por circunstancias tiven que iniciar unha nova conta de YouTube. Fun subscribíndome unha a unha nas canles que máis sigo, aproveitando a oportunidade para limpar a listaxe de máis de 260 canles ás que un día, en moitos casos, non sei por que, me subscribín. A YouTube debeulle p...


138. A túa tele te espía?
138. A túa tele te espía? episode artwork
#139
10/13/2026

This is episode 139 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 13 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen desconecta a tele cando vai para cama? Martes, 13 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Nun mundo onde calquera mínimo aparato tecnolóxico está conectado á rede, non é de estrenar que a xente sospeite de que a están a espiar. Resulta que hai estudos independentes que indican que televisores da marca LG, conectados á rede local, recollían información sobre dispositivos conectados á rede, enderezos IP e outros temas. Para que? No...


137. Sonrisas y Lágrimas, bandeiras e o 12 de outubro
137. Sonrisas y Lágrimas, bandeiras e o 12 de outubro episode artwork
#138
10/12/2026

https://elpais.com/opinion/2026-10-12/el-roto-la-bandera.html

Es de quen ves a tele pública ás 5 da tarde? Luns, 12 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Están botando agora, neste prestomomento, Sonrisas y Lágrimas na Primera. Non sei o número de reposicións deste filme, mais hoxe podemos vela cunha flamante bandeira de España na parte superior dereita da pantalla. Cousas do Día de Hispanidade. Como isto vai de bandeiras, nada máis recomendable que admirar a viñeta de El Roto en El País, que tamén ten como fondo o "...


136. Rotondas
136. Rotondas episode artwork
#137
10/09/2026

This is episode 137 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 9 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen dubidas ao acceder a unha rotonda? Venres, 9 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Hai algo máis perigoso que estar totalmente convencido de ter a razón e estar a facelo mal? Si, cumprir coas normas de circulación para saírmos co coche dunha rotonda. Ao entrarmos nunha rotonda, só teremos que indicar co intermitente para marcar a nosa saída. Con todo, moitos condutores seguen a crer, ca...


135. Tiranos e dereito divino
135. Tiranos e dereito divino episode artwork
#136
10/08/2026

This is episode 136 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 8 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen te preguntas para que serve a historia? Xoves, 8 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. O alumnado da ESO ten que coñecer que o sistema político do Antigo Réxime caracterizábase por un absolutismo monárquico onde a soberanía real era de orixe divina. Pasaron os séculos, mudaron moito as cousas, mais as igrexas cristiás continúan con esa fixación co poder político. Mo...


134. Limiar en sons. Do que escoito cando estou a correr
134. Limiar en sons. Do que escoito cando estou a correr episode artwork
#135
10/07/2026

[sons.red/podcast/limiar](https://sons.red/podcast/limiar/)

Es de quen gosta que lle recomenden novos podcasts? Mércores, 7 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Hai podcast que me gustan. Hai podcasts que me sorprenden. E está Limiar en Sons, un podcast (in)frecuente de Fidel Mouzo, breve, sincero e íntimo, como el mesmo o presenta. Imaxina que quero contar algo. Contarcho. E cando estou a darlle voltas, chega aos meus ouvidos "Has pagado y no has entendido nada", do 17 de setembro, e "Maricarmen y el precio de volver a casa", do 29 dese mes. E fic...


133. Normas e convivencia
133. Normas e convivencia episode artwork
#134
10/06/2026

This is episode 134 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 6 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen desconfía das normas? Martes, 6 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Para que queremos normas? Son necesarias para vivir en comunidade? Xogan un papel , sempre que se baseen na xustiza e no ben común, e que axuden a limitar a arbitrariedade e a explotación dos poderosos. É curioso que no s. IV, persoas que buscaban a Deus e se retiraron a vivir en comunidade, asumisen que aquela experi...


132. Prestos e "síndrome" da impostora
132. Prestos e "síndrome" da impostora episode artwork
#133
10/02/2026

This is episode 133 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 2 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen querería escoitar máis voces en prestocast? Venres, 2 de outubro.Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Levo uns días pensando en que hai detrás de que outras persoas non den o paso para gravar un minuto neste prestocast e veume á cabeza a idea da síndrome da impostora, esa sensación que temos en non apreciar os nosos logros e potencialidades, e cando facemos algo, acabamos por vinculalo...


131. Manténgase a la espera
131. Manténgase a la espera episode artwork
#132
10/01/2026

This is episode 132 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 1 de outubro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen cre na apolítica? Xoves, 1 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. "En estos momentos todos nuestros agentes están ocupados. Por favor, manténgase a la espera". Non un, senón no tempo de 60 prestos estou a escoitar esta frase. Teño o móbil en altavoz, conectado con cable. Porque isto pode ir para longo. E é por unha urxencia, non estou a agardar por amor á arte. Si, quero proh...


130. Xornais, esquelas e política.
130. Xornais, esquelas e política. episode artwork
#131
09/30/2026

https://emilcar.fm/podcast/trending/

Es de quen les os xornais comezando pola última páxina? Mércores, 30 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Non podo. Supérame o espazo dedicado á información política. Xornais, televisión, internet. Penso que nunca tanto tempo se lle adicou. Se escapaba dos Sálvame televisivos, como non escapar agora dos pretendidos espazos de análise da actualidade. O xornal sempre o comezo pola contraportada. Ollada rápida á foto, e directo ás esquelas. Información pura e dura: quen morreu, a quen se lembre no cabo de ano. E de aí a local...


129. Metal de sacrificio. Ciencia e poesía.
129. Metal de sacrificio. Ciencia e poesía. episode artwork
#130
09/29/2026

https://www.atraves-editora.com/produto/a-noiva-e-o-navio/

Es de quen ve na ciencia poesía e unha metáfora da vida? Martes, 29 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. O ferro, utilizado nos cascos de navío, en contacto coa auga do mar, oxídaríase moi facilmente se non houbese un metal de sacrificio, é dicir, outro metal instalado co obxecto de ser oxidado no seu lugar. Así os cascos de navío son protexidos da corrosión por medio da colocación de placas de zinc, que ben poderían levar o nome de chivos expiatorios. Eduardo Peruz...


128. Acordos pola igualdade
128. Acordos pola igualdade episode artwork
#129
09/25/2026

This is episode 129 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 25 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen aposta pola igualdade? Venres, 25 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Dous partidos políticos do Parlamento galego chegaron a un acordo sen precedentes. Buscan a igualdade dentro do sistema de ensino. A principal novidade é que, fronte ao veto actual, as mulleres docentes poderán dar clase nas materias de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química. Iso si, teñen que ser todas, ademais de obrigar au...


127. Hipoteca Mari Carmen
127. Hipoteca Mari Carmen episode artwork
#128
09/24/2026

This is episode 128 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 24 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen ten problemas para acceder á vivenda? Xoves, 24 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Que en España existe un problema de acceso á vivenda é incuestionable, tanto para a compra como para o alugueiro. É o problema, non un problema. Os minutos, moitos minutos,dedicados nalgúns programas de televisión á ocupación de vivendas falan dunha realidade que existe, mais que é tan reducida estatisticamente que non xustifica o tempo dedicado. Canto tempo se ded...


126. Prestos, entre a constancia e os deadlines
126. Prestos, entre a constancia e os deadlines episode artwork
#127
09/23/2026

https://prestocast.com/laracapeans/96 https://prestocast.com/jeanbedel/246

Es de quen te costa ser constante? Mércores, 23 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Traio dous prestos de onte, o de Lara Capeáns, Constancia vs espontaneidade e o de julián @jeanbedel, sobre os deadlines. Non me considero para nada unha persoa constante, mais estas conxecturas, ao modo de presto quasi diario laboralmente, axúdanme neste camiño. Optar pola esponteinade, pola busca da idea xenial, suporía a práctica desaparición deste presto, como de moitas outras cousas na miña vida. Unha vez gravado...


125. Compras
125. Compras episode artwork
#126
09/22/2026

This is episode 126 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 22 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es de quen quere comprar máis cousas do que a túa economía te permite? Martes, 22 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Vas cambiar de móbil? Vas cambiar de reloxio-smartwatch? Sempre é un bo momento, mais setembro é o mes da tentación constante. Presentacións, novidades, novos modelos. Se non o era xa, youtube convértese nunha auténtica teletenda, mesmo canles moi serios con contidos moi traballados. Como tomar un pou...


124. Gone. Unha serie de intriga, e máis.
124. Gone. Unha serie de intriga, e máis. episode artwork
#125
09/18/2026

https://www.filmin.es/serie/gone

Es de quen nas series de intriga policial non só te interesa quen é o asasino? Venres, 18 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Gone, miniserie británica de 2026. Un thriller psicolóxico e resolta en 6 episodios. Eve Myles, muller, de mediana idade é a protoganista feminina. Xa empeza ser habitual este tipo de roles femininos protagonistas. Alguén dirá que isto moi "woke", xa que ademais da resolución do caso policial, preséntanse temas, máis ou menos explicitamente, como a igualdade de xénero, a violencia machista, o racismo ou a relevanc...


123. Unanimidades
123. Unanimidades episode artwork
#124
09/17/2026

This is episode 124 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 17 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es dos que aprecias a unanimidade? Xoves, 17 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Desconfío das unanimidades. Sóame mal cando para xustificar unha cuestión calquera dicimos: "É que todo o mundo fai ou pensa así", ou "ninguén apoia iso". Non sei se ves a incongruencia de, por unha banda, defender que vivimos nunha sociedade plural, diversa, etcétera, etcétera, e por outra banda insistir tanto na busca da unanimidad...


122. Criterios, normas e aprendizaxes
#123
09/16/2026

This is episode 123 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 16 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es dos que coñeces as normas e reclamas cando non se cumpren? Mércores, 16 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Ao principio de cada curso escolar explicámoslle ao alumnado os criterios de avaliación e cualificación da materia. Explicámolo e publicámolo por escrito, na aula virtual e na programación didáctica. Parece unha obviedade, mais non o é. Teñen que coñecer, desde o principio os instrumento...


121. Ollos que non ven...
121. Ollos que non ven... episode artwork
#122
09/14/2026

This is episode 122 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 14 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es dos que te alegras por non saber? Luns, 14 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Volvo coas peaxes, mais esta vez non metafóricas, como no capítulo 117. O outro día chegoume o recibo das peaxes da autostrada. 114€. Moito, pouco? Non sei. En principio quedei contento porque só tiña que pagar uns 20€, xa que os outros eran devoltos debido ás bonificacións de viaxes de ida e volta grazas ao uso do OBE...


120. Para que serve WhatsApp?
120. Para que serve WhatsApp? episode artwork
#121
09/10/2026

This is episode 121 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 10 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Es dos que WhatsAppea a todas horas? Xoves, 10 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. O WhatsApp é moi práctico, mais hai algo que non me deixa cómodo. Acabo de quedar para ir tomar algo. Aquí, alí, Ok. Perfecto. Cumpre o seu labor social. Máis cando as interaccións sobrepasan os tres ou catro intercambios, cando o texto se alonga, que mellor que utilizar o teléfono para falar coa outra pers...


119. Táboa rasa
119. Táboa rasa episode artwork
#120
09/09/2026

This is episode 120 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 9 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Estás intentando aprender algo novo? Mércores, 9 de setembro. Primeiro día do curso nos niveis non universitarios. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Os analfabetos do s. XXI non serán aqueles que non saiban ler e escribir, senón aqueles que non aprendan a aprender, desaprender e reaprender. Alvin Toffler escribía isto, en 1970. e máis de medio século despois aínda nos está a interpelar. Relaciónoo cun concepto...


118. Praia e montaña
118. Praia e montaña episode artwork
#119
09/08/2026

https://www.metropoles.com/mundo/uso-privado-praias

Ti es máis de praia ou de montaña? Martes, 8 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Onte paseaba pola praia dunha cidade que se publicita como "vivimos nunha cidade marabillosa", e moita xente, moita, aproveitaba a calor de setembro como se fose xullo, gozando da praia, co verán convertido nun estado de ánimo. E comprobei unha reflexión que a miña muller me fixera hai tempo. Poucas actividades existen que nos permitan convivir coma sociedade, que gozar, independentemente da clase social, de deitarse ao sol, construír castelo...


117. Peaxes
117. Peaxes episode artwork
#118
09/07/2026

This is episode 118 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 7 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Tes algunha anécdota do teu primeiro día de traballo? Luns, 7 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Aprobas a oposición e preséntaste no instituto por estas datas, cando publican os destinos definitivos. Vas contento, por primeira vez vai traballar un ano enteiro, vas poder integrarte na dinámica dun centro educativo. Na porta coincides con outra docente, na miña situación, e cun sorriso debuxado na cara. Lévanvos...


116. Follow Presto Friday @Prologo
116. Follow Presto Friday @Prologo episode artwork
#117
09/04/2026

https://prestocast.com/prologo/

Alégraste cando podes unir dúas paixóns nun minuto? Venres, 4 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. O meu presto recomendado desta semana é Prólogo. Xa van 78 episodios que nos traen opinións literarias, que te xeneran curiosidade nun minuto. E quen o presenta? Pois aquí outra curiosidade máis, non sei se pola premura do minuto, mais aínda non o descubrimos. Cousas dos prestos! A min paréceme dificilísmo isto de comentar e valorar unha obra literaria, e máis nun minuto. Aínda que a maioría dos libros non...


115. Ba-lon-ces-to
115. Ba-lon-ces-to episode artwork
#116
09/03/2026

This is episode 116 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 3 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Ti es de quen cre que o deporte non só é fútbol? Xoves, 3 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Mañá comeza o Mundial de Baloncesto feminino. Teremos por diante 9 días onde poderemos ver o mellor baloncesto mundial. Non o mellor basket de mulleres: o mellor baloncesto. Xa sei que está a NBA, a EuroLeague, que eu tamén sigo, mais o baloncesto feminino traénos calidade, entrega e competitividade, nun deporte que...


114. 11 pulsacións
114. 11 pulsacións episode artwork
#115
09/02/2026

This is episode 115 of the podcast Conxecturas by @joseantonio, published on 2 de setembro de 2026. You can leave text and audio comments at this link.

Canto pesan as preocupacións que non te deixan descansar a cabeciña? Mércores, 2 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Non sei se viches o filme 21 gramos, de Alejandro González Iñárritu. O título refírese á crenza que unha persoa, no momento de morrer, perde 21 gramos. Teoría sen base científica que, partiu dun médico estadounidense, que en 1907 defendeu que isto acontecía e que podería ser o peso da...


113. Reiniciando
#114
09/01/2026

https://www.penguinlibros.com/us/tematicas/398897-ebook-microexperimentos-9791387513023 https://www.casadellibro.com/libro-cuatro-mil-semanas/9788408250890/12622872

Xa te apuntaches no ximnasio? Que novo hábito vas pór en práctica? Martes, 1 de setembro. O segundo día de inicio de ano. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. O 1 de setembro é un novo inicio, un novo curso, aínda que non sexas estudante, unha nova oportunidade, unha nova vida. Axúdame a non me quedar bloqueado ante este reto que nos autoimpomos, ou a que dentro dunha semana xa non nos lembremos de ningún dos nosos propósitos. Tráioche dous libros...