Todos os podcast | Mar de ardora
Mar de ardora expón toda a actualidade relacionada co mar e a pesca dende un punto de vista divulgativo e informativo.
Mar de Ardora 17-10-2026
Comeza a campaña nas zonas de libre marisqueo da Ría de Arousa. Entrevsta con Antonio Figueras, do Instituto de Investigacións Mariñas.O proxecto Bivalfood investiga a alimentación dos bivalvos. O mariscador Santi Pérez encabeza un proxecto familiar para darlle valor engadido á súa produción. Turismo mariñeiro na ría de Muros e Noia. Coñecemos a historia do mural artístico da confraría de Burela.
Mar de Ardora 10-10-2026
Arranca a campaña marisqueira en Noia. O Servizo de Gardacostas de Galicia na loita contra o furtivismo no marisqueo. Impulsan desde el Centro de Investigacións Mariñas un proxecto que desenvolve novos suplementos alimentarios para mellorar o benestar dos peixes no cultivo. Cambios na normativa de arrastre a partir do ano 2028.
Mar de Ardora 03-10-2026
Comeza en Vigo unha nova edición de Conxemar. Visitamos Carril para coñecer a historia das conservas "Os Peperetes". A campaña da ameixa rubia na ría de Arousa. Os puntos limpos mariños de Oia.
Mar de Ardora 26-09-2026
Os efectos da alta temperatura do mar nos ecosistemas galegos. Consellos para os problemas asociados ao marisqueo a pé. O problema da remuda xeracional na pesca e os cambios no sector fareiro.
Mar de Ardora 19-09-2026
Novas medidas contra a sinistralidade no mar. Novo proxecto de acuicultura rexenerativa. A tradición da carpinteiría de ribeira.
Mar de Ardora 12-09-2026
Coñeceremos como se sementan os bancos marisqueiros para favorecer a súa recuperación, analizaremos a preocupación da frota do cerco pola escaseza da cota de sardiña e descubriremos dez razóns científicas para consumir peixe habitualmente. Ademais, abordaremos os efectos do quecemento das augas sobre especies como o polbo e coñeceremos o traballo do CETMAR para transformar o sargazo, un grave problema nas costas do Caribe, nun recurso con novas posibilidades de aproveitamento.
Mar de Ardora 27-6-2026
Proximamente sairá do prelo o libro "Un mar de curiosidades", unha obra que ten o seu cerne na colaboración do biólogo Javier García Galdo neste programa. A zamburiña está desaparecendo do banco natural que se explota na ría de Ferrol. Contámoslles como o Insttuto de Investigacións Mariñas está buscando as razóns. Falamos do proxecto Hippo-REF, que procura crear no porto de Vigo un refuxio para cabaliños de mar. Outro estaleiro familiar cesa a súa actividade. Coñecemos a historia do taller Amado, do Freixo, en Outes. Un dos mellores lugares para ob...
Mar de ardora 22-06-2026
O Consello Regulador do Mexillón de Galicia pon en marcha SEBAM, unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a contribución ambiental, oceanográfica, social, económica e cultural do cultivo do mexillón. Ángeles Portabales fálanos deste proxecto. Visitamos Conxemar Lab, a aula interactiva e educativa impulsada en Vigo por Conxemar para achegar o mundo do mar a nenos e nenas de entre 7 e 11 anos. Onde desova a pescada ibérica? A resposta está nun estudo do Centro Oceanográfico da Coruña. O investigador Asier García cóntanos que os neandertais se alimentaban tamén de moluscos. I...
Mar de ardora 15-06-2026
A Universidade de Vigo demostrou que a cría da centola en catividade pode ser rendible. Neste programa falamos do proxecto MAJA, que conseguiu completa-lo ciclo de cría da centola dende a alimentación das larvas ao engorde dos exemplares adultos. Alberto Ordóñez lévanos a Ferrol e a Pontevedra para ensinarnos como se forma aos futuros peixeiros e aos cociñeiros de produtos do mar. David Fernández viaxa a Redondela para saber como foi este ano a campaña do choco. O noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, explícanos o que son os fondos ma...
Mar de ardora 08-06-2026
Francisco Fernández, da Organización de Produtores de Pesca de Marín, preséntanos Fishing Lab, un laboratorio de ideas que ten como obxectivo impulsar solucións innovadoras para o sector pesqueiro galego, aunando coñecemento, tecnoloxías e empresas ou centros de innovación. David Fernández explicaranos como se tentan recuperar os bosques mariños de laminarias na ría de Arousa. Coñecemos a Elena Martínez, unha galega que creou na República Dominicana unha empresa que recolle sargazo para convertelo en fertilizante. Alberto Ordóñez visita a Escola Náutico Pesqueira de Ferrol para ver como se prepa...
Mar de ardora 01-06-2026
Asistimos en Ribeira á xornada "Remuda xeracional: o futuro do mar". Acompañamos aos pescadores de anguía de Arcade. Analizamos co sector do cerco as razóns do descenso das capturas de xarda. O biólogo Javier García Galdo axúdanos a distinguir entre as diferentes especies de polbo. O director conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, explícanos por que chegaron milleiros de caranguexos patexos a Cíes ou a Ons. O historiador José María Leal fálanos do papel dos fomentadores cataláns no desenvolvemento do sector pesqueiro no norte de Galicia
Mar de ardora 25-05-2026
O Centro de Investigacións Mariñas acaba de poñer en marcha no Vicedo un criadeiro de sementes de bivalvos. O director do CIMA, Carlos Gabín, cóntanos cal é a súa función. A caída da producción e a falta de relevo xeracional están poñendo en dificultades algunhas pequenas confrarías do país. Alberto Ordóñez exemplifica esta crise en dúas: a de Cariño, xa en fase de liquidación, e a da Pobra do Caramiñal, en risco de desaparición. Comezou a campaña do bocarte Embarcamos no Tercero dos Meros de C...
Mar de ardora 18-05-2026
Comezamos singladura en Vigo para coñecer Velas polo Alzheimer, un proxecto que utiliza a navegación como terapia para os que padecen esta doenza. Sobre el falamos cun dos seus creadores, Edgar Martínez, e o xerente de Julio Verne Náutica, Iván Pérez. Abordamos despois o proceso de transformación do estaleiro Triñanes de Boiro. O seu propietario, Gerardo Triñanes, xubílase e cédelle a xestión ao enxeñeiro Clemente Lage. Os dous cóntanos como a factoría evolucionou dende unha carpintería de ribeira a un estaleiro que constrúe modernos barcos d...
Mar de ardora 11-05-2026
Galicia é coñecida polas súas conservas de produtos do mar. Hoxe imos coñecer a historia dunha marca que se converteu nunha referencia internacional no mercado gourmet. Falamos con Jesús Lorenzo, xerente da conserveira de Carril Os Peperetes. Comezou a veda do polbo tras unha campaña na que medraron as capturas e subiron os prezos na lonxa. Alberto Ordóñez pulsou o sentir do sector. A alga asiática, unha especie invasora que está a causar serios problemas en Andalucía, coloniza xa a costa galega. A profesora de botánica da USC, Pilar Díaz, explícanos que cons...
Mar de ardora 04-05-2026
Os mariscadores de Pondeume andan á procura de sacarlle máis rendemento a un recurso que abonda na zona, a ostra rizada. Alberto Ordóñez cóntanos como tentan converter nunha oportunidade a proliferación dunha especie invasora. A investigadora do Instituto Español de Oceoanografía, Begoña Ben-Gigirey fálanos dunha guía internacional sobre o monitoreo de toxinas algais en moluscos bivalvos. Presentamos unha nova ferramenta para a xestión do ourizo, un dron que grava os bancos e analiza as imaxes para contar exemplares e estimar densidades. Coñecemos a Miguel Ángel García, un veciño de Oia que impul...
Mar de ardora 27-04-2026
O Foro Galicia de Sostibilidade Gloibal de Produtos do Mar desenvolve unha nova edición en Vigo. Revisamos os seus contidos da man do seu director Ángel Matamoro. Alberto Ordóñez lévanos a coñecer o traballo dos mergulladores que extraen navalla da ría de Aldán. David Fernández cóntanos como se extraen as mostras dos bancos marisqueiros para saber o seu estado tralos temporais do inverno. Presentamos algunhas aplicacións de Intelixencia Artificial que comezan a utilizarse na industria da pesca. O noso biólogo de cabeceira, Javier García Galdo, dinos todo o que queremos sabe...
Mar de ardora 18-4-2026
Poñemos a ollada en tres empresas do interior de Galicia que teñen os seus produtos a bordo de barcos e a pe de portos. Industrias Guerra, Gruas Fuerte e Hermanos Toimil están radicadas na comarca do Deza e fabrican guindastres. Entrevistamos a Álvaro Roura, director de Optolarvae, filial de I+D+I do grupo Profand. Cóntanos en que consiste a súa investigación sobre cultivo larvario para desenvolver unha acuicultura rexenerativa. Alberto Ordóñez explícanos nunha reportaxe cales son as expectativas da campaña da sardiña. Presentámoslles a Ramón Patiño, Choiño, un perc...
Mar de ardora 13-04-2026
Alberto Ordóñez lévanos ata A Guarda para presentarnos ORMALUGA, unha organización de produtores pesqueiros integrada por profesionais da pesca artesanal e do marisqueo do sur de Galicia e do norte de Portugal. Con David Fernandez imos ata a reserva dos Miñardos para saber como xestionan a explotación do ourizo as confrarías de Lira, Corcubión e Fisterra. A bióloga Elisa Rueda danos conta da súa investigación sobre a presenza de anisakis nos golfiños e o risco que supón este parásito para os humanos. A nutricionista Amín López explícanos o...
Mar de ardora 06-04-2026
David Fernández visita os bancos marisqueiros de Carril, Noia e a Illa de Arousa para comprobar como se rexenera o substrato para eliminar as cicatrices dun inverno pragado de temporais. Falamos co historiador Rafael Lema e co Director Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, Anxo Miramontes sobre os traballos de busca do galeon Regazona, un dos barcos da Armada Invencible, afundido na enseada de Cariño. Coñecemos o "Litoral", o único barco de baixura de Galicia coa proa invertida. O catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago Gumersindo Feijoo explícanos o seu decálogo...
Mar de Ardora 28-3-2026
Analizamos a caída do consumo de conservas e mariscos coa presidenta de Fedepesca, María Luis Álvarez. Contamos como se presenta a tempada de pesca nos ríos. 48 mil galegos teñen licenza para capturar pezas ata o 31 de xullo. Cada vez chegan máis especies exóticas ás costas do noso país. Falámos cun biólogo que estuda este fenómeno, Rafael Bañón. Fronte a Punta Langosteira hai unha zona experimental para probar prototipòs de xeración eléctrica maremotriz. Explícanos a súa utilidade o director do Instituto Enerxético de Galicia, Pablo Fernández. O b...
Mar de ardora 23-03-2026
Foi unha boa campaña a do polbo, pero chega o momento de decidir se é necesario ou non establecer outra veda prolongada para garantir a sustentabilidade do recurso. Sobre iso versa a reportaxe de David Fernández. Tamén falamos do futuro do cultivo de mexillón coa axuda de Uxío Labarta e Diana Zúñiga, autores dun estudo sobre a influencia neste molusco dos cambios ambientais nas rías. O patrón maior da Illa de Arousa, Juan José Rial, explícanos como vai o proxecto de engorde de ameixa que desenvolve a súa confraría. O científico do...
Mar de ardora 16-03-2026
Contámoslles en que consiste o Proxecto Volaria, unha iniciativa do Instituto Oceanográfico de Vigo que pretende estudar a contaminación que afecta á volandeira na ría e comprobar como se podería volver capturar sen risco para a saúde nin para a reproducción deste bivalvo. A profesora de Lingua e Literatura do IES Illa de Arousa, Elena Martínez, e o patrón Maior da Illa, Juan Rial, fálannos dos nomes e características das 80 praias da illa rcollidas nunha Guía que se acaba de publicar. Alberto Ordóñez amósanos a cara e a cruz dos tempo...
Mar de ardora 09-03-2026
Está a anguía en perigo de extinción nos nosos rios? O goberno español, científicos e organizacións ecoloxistas pensan que si e propoñen que se deixen de capturar. O goberno da Xunta e os pescadores opóñense. Recollemos os argumentos duns e doutros. Explicamos o proxecto Maja, unha iniciativa da Universidade de Vigo que conseguiu pechar o ciclo completo da cria da centola en catividade. Coa axuda do profesor do CSIC Fiz Fernández lembramos á oceanógrafa viguesa Aída Fernández Ríos, elixida científica do ano. Coñecemos a María José Cacabelos, presiden...
Mar de ardora 02-03-2026
Había trinta anos que non se vendía tan pouco peixe nas lonxas galegas. É a consecuencia do tren de borrascas que nos sacudiu este inverno. David Fernández percorreu os portos para pulsar o estado de ánimo do sector. Entrevistamos a Xavier Pérez Cobas, autor dun informe que estima en 850 millóns de euros o valor que xera cada ano a frota galega de palangre de superficie. Tamén coñecemos un estudo que establece os patróns de desova da pescada ibérica. Presentámoslles a María Candamo, unha muradá que no seu obradoiro Lixo Atelier aproveita os r...
Mar de ardora 23-02-2026
Comezamos o programa falando dos danos que os continuos temporais deste inverno están causando nos bancos marisqueiros das rías. Abordamos a polémica xerada en torno á proposta do goberno de declarar a anguía especie en perigo de extinción. David Fernández fai balance da pasada campaña do polbo e pregúntalle ao sector como garantir a sustentabilidade da pesquería. Unha reportaxe de Alberto Ordóñez explícanos os problemas que provocan os golfiños nos aparellos dos barcos de cerco. Presentamos "As arestas da sustentabilidade", un libro divulgativo do catedrático de Enxeñería Química Gumersi...
Mar de ardora 16-02-2026
Neste programa falamos co investigador do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, Luis Taboada, sobre dous proxectos nos que traballa: o primeiro, o aproveitamento de restos de pesca e especies sen valor comercial para producir oleoxeles; o outro, establecer pautas para a explotación sustentable do ourizo de mar. Alberto Ordóñez trasládanos o grave problema da crecente contaminación das augas costeiras. Infórmanos sobre a invasión de toalliñas hixiénicas na ría de Ferrol e sobre o proxecto Placton no que centos de voluntarios retiran lixo do mar. Conversamos co escritor Santiago Llovo sobre...
Mar de ardora 09-02-2026
Neste programa abordamos a polémica xurdida tralo anuncio do goberno de que se incluirá a anguía entre as especies en perigo de extinción. Conversamos sobre a situación deste peixe nas nosas augas co edafólogo Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural. En Galicia houbo tempos nos que se fabricaban motores para barcos. Albertyo Ordóñez lémbranos nunha reportaxe aos mecánicos, case sempre autodidactas, que realizaban ese traballo. Ademais falamos da ostra. O biólogo Xavier García Galdo ensínanos a diferenciar entre os diferentes tipos deste molusco e conversamos con...
Mar de ardora 02-02-2026
O sector da baixura conseguiu que o Ministerio de Pesca suspendera a aplicación das medidas máis lesivas do Regulamento Europeo de Control da Pesca. Sen embargo, os mariñeiros seguen pendentes da decisión final da Comisión Europea. Imos coñecer o seu punto de vista sobre esta polémica. Entrevistamos a Francisco López Valladares, presidente do Consello Regulador de Acuicultura Ecolóxica de Galicia. Participamos na campaña de retirada de reló nos bancos marisqueiros de Aguiño. A investigadora Cristina Gallego cóntanos como se pode extraer xelatina de alta calidade da pel do peixe. O biól...
Mar de ardora 26-01-2026
Neste programa coñecemos como foron as vendas nas lonxas galegas en 2025. Falamos de Redecos, unha rede de sondas en augas pouco profundas para controlar as condicións das augas. Alberto Ordóñez cóntanos nunha reportaxe como evolucionaron os faros galegos. Visitamos en Vimianzo un muiño de marea construido hai maís de 300 anos e en Moaña duas carpinterías de ribeira reconvertidas en museo.
Mar de ardora 19-01-2026
Neste programa Alberto Ordóñez acode a unha granxa de rodaballo para explicarnos o proceso de cría deste peixe plano. David Fernández cóntanos como se recolle e comercializan as algas en Galicia e resúmenos o ocorrido no Foroacui, o Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas que se desenvolve en outubro pasado no Grove.
Mar de ardora 05-01-2026
Mar de ardora 15-12-2025
A consellería do Mar autoriza a captura de ouxas que devoran o berberecho e a ameixa nas rías. Preguntámoslle como se combate esta praga á patroa mnaior de Lourizán, Carmen Vázquez. Imos a un mercado de Vigo para que a pescantina Olaia Suárez nos diga como vai a campaña de Nadal. O director adxunto do porto de Celeiro, Eduardo Míguez, fálanos do seu acordo cunha sociedade irlandesa para capturar lirio en augas internacionais. O xerente da empresa Artio Nutrición, José Gigerín explícanos como transforma auga de mar en bebidas isotónicas. O...
Mar de ardora 08-12-2025
A flota palangreira galega reclama o remate da veda de pesca do marraxo. A xerente da Organización de Palangreiros Galegos, Juana Parada, fálanos do estado da pesquería. Na última década caeu o consumo de peixe en España un 30 por cento. Un grupo de expertos nutricionistas entre os que están Elvira Larque, Rosaura Leis e Federico Costa dannos motivos para que introduzamos os produtos do mar na nosa dieta. Con David Fernández repasamos a historia do servizo de gardacostas galego. Visitamos o muiño de marea de Vimianzo. Coñecemos a investigación que apunta a qu...
Mar de ardora 01-12-2025
Os bateeiros galegos recibiron a desagradable visita da marea vermella ás portas do Nadal ameazando a súa campaña navideña. Falamos co presidente da Asociación de Produtores de Mexillón de Vilanova de Arousa, Manuel Janeiro, sobre as repercusioóns que pode ter o peche dos polígonos de bateas e sobre outros problemas que ten o sector. Comezan as actividades do proxecto Mar e Rías, que impulsan os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia. Guillermo González, xerente do GALP da Costa da Morte, explícanos como se pretende promocionar o turismo pesq...
Mar de ardora 24-11-2025
Falamos co Director Xeral de Pesca e Acuicultura da Xunta, Cándido Rial, das posibilidades de modificar o reparto da captura de sardiña nas augas ibéricas. Na próxima tempada non se poderá pescar salmón en Galicia. Explicanos as razóns desta veda o presidente da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo. Camino Gestal, do Instituto de Investigacións Mariñas, cóntanos en que consiste o proxecto Octosan, que tenta determinar os motivos do descenso da redución de capturas de polbo en Galicia. Alberto Ordóñez fai o seguimento da descarga en Marín das mil cincoce...
Mar de ardora 17-11-2025
Os cerqueiros galegos seguen capturando bocarte ás portas do inverno. Falamos desta inusual situación co voceiro da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, Manuel Suárez. Os españois consumen un 30% menos de peixe que hai unha década. Preguntámoslle os motivos a Luisa Álvarez, directora da federación que agrupa aos comercializadores de pescado. A oceanógrafa Marta Álvarez explícanos en que consiste BioGeoSea, un proxecto para examina-la saúde dos océanos. O enxeñeiro naval Raul Villa cóntanos a historia do patrulleiro "Cabo Fradera", o segundo barco máis antigo da armada, que ten b...
Mar de ardora 10-11-2025
Falamos coa xerente adxunta da Cooperativa de Armadores de Vigo, Mercedes Rodríguez, sobre os efectos da proliferación de megaarastreiros nos caladoiros comunitarios. Carlos Lois, da confraría do Grove, infórmanos da marcha da campaña do ourizo. David Villar cóntanos nunha reportaxe como se xestiona a colleita de algas en Galicia. Tamén coñecemos un proxecto da Universidade de Santiago e a empresa Porto Muiños sobre cultivo e comercialización das algas salicornias. Conversamos con Pilar Otero, presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca e o biólogo Javier García descúbrenos os molu...
Mar de ardora 03-11-2025
O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, cóntanos o tratado na xuntanza que mantiveron os pósitos do Cantábrico para poñer sobre a mesa os probelas da pesca artesanal. Para facer balance do bono-peixe falamos coa Conselleira do Mar, Marta Villaverde, e coa propietaria dunha peixería de Lugo, Isabel Peña. Conversamos sobre os accidentes no mar con Fran Pena, coordinador do sector marítimo de CCOO de Galicia. Con Alberto Ordóñez coñecemos a historia da conserveira máis antiga de España, Palacio de Oriente. Xavier García deixa a un lado desta...
Mar de ardora 27-10-2025
O descenso da produtividade das rías galegas alarma á xente do mar. Entrevistamos á directora de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta, Ángeles Vázquez, para que nos conte como aborda a administración este problema. Nas illas británicas quéixanse da proliferación do polbo nas súas augas. Ángel González, científico do Instituto de Investigacións Mariñas, explícanos as razóns de que haxa variacións profundas na poboación desta especie. Susana Ares fálanos dos cursos para inspectores de pesca que desenvolve a FAO en Vigo. Unha reportaxe de Alberto Ordóñez ilústranos sobre o funcionamento d...
Mar de ardora 20-10-2025
Rematou Conxemar e facemos balance da Feira dos productos conxelados do mar falando co seu presidente, Eloy García. Tamén queremos saber como foi a osteira do bonito deste ano e para iso contamos co xeente dos armadores de BVurela, Miguel Neira. Álvaro Roura, director técnico de Octolarvae, explícanos como esta empresa está tentando recuperar a poboación de camarón na ría de Vigo