RUMBOIA RadioFusión

10 Episodes
Subscribe

By: Radiofusión

Presentacion de grupos folk, feito pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s para Radiofusión

RUMBOIA 239 – GS21 – Isolma (2008)
11/18/2022

En Xaneiro do 2007 presentouse o espectáculo da compañía de Danza GS21, "Isolma". Baixo a dirección de Oscar e Serxio Cobos esta formación acercou un novidoso punto de vista en torno ao baile e música de raíz. Froito de ese traballo naceu o Cd do mesmo nome que o espectáculo "Isolma", no que participaron máis de 10 músic@s cunha ampla traxectoria dentro da nosa música tradicional.


Rumboia238 Timparrantela - Se te quixen foi polos grelos - 2021
11/11/2022

Timparrantela é unha recente formación musical feminina nada en Ourense. Con composicións de Olga Brañas, letras de diferentes poetas galegas e galegos e arranxos musicais de Pedro e Pablo Pascual (Marful), a súa banda está formada por: Lorena Sotelo (voz), María Blanco (violino), Olalla Rodríguez López (clarinete), Olalla López Rodríguez (saxofón), Olga Brañas (piano e pandeireta), Raquel Huete (tuba e baixo eléctrico) e Marta Figueiredo (percusión). O seu ámbito estilístico conecta tanto coas músicas do mundo como coa tradición da verbena, reinventándoa e conferíndolle elegancia. No...


RUMBOIA 237 – De Ninghures – Aqui – (2022)
11/04/2022

De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquietudes de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega, presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da península ibérica, América Latina ou o Magreb. Oito músicas e músicos que se xuntan para ensinar a súa forma de manter con vida a música tradicional en tempos de globalización conforman este grupo, que anima ao baile e crea un ambiente de foliada fresca e frenética. Nestes anos de traxectoria percorren diferentes salas e festi...


UMBOIA 236 – Os d´Abaixo – Somos a Pedra (2021)
09/22/2022

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición. O grupo está integrado por músicos que estiveron toda a vida vinculados ao folclore de Galiza, como por outro provintes de bandas folk de amplia traxectoria como son Berrogüetto ou Fía na Roca. En Somos a pedra,o disco que presentamos nesta Rumboia, a liña tradicional que caracteriza a Os d´Abai...


RUMBOIA 233 - Banda Baile Asalto – Banda Baile Asalto (2013) (13,39)
09/08/2022

Este grupo “pontevedrés” nacido en xuño de 2011 con motivo da súa participación no Vl Festival Folk de Muxía, comeza a súa andaina, coa única intención de conseguir a interacción co público. Hai que bailar!!! Cun repertorio alegre, desenfadado e aliñado polo toque persoal de cada un dos seus compoñentes, preséntannos a súa proposta. Un proxecto froito das inquietudes de seis músicos de diferentes estilos, na busca dunha linguaxe "única". Ademais dun profundo coñecemento sobre a música tradicional galega, unha particular visión artística, o seu gusto e coñecement...


RUMBOIA 234: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru - 2009 (12:19)
09/08/2022

Este peculiar cuarteto, o único composto por seis membros do que se ten noticia, supón unha das estreas máis interesantes na nosa música dos últimos anos. Inicialmente formado por catro clarinetes, tocados por Felipe Agell, Xoán Carlos Vázquez, Óscar Prieto e Fernando Abreu, -tamén Cándido Lorenzo estivo no grupo algún tempo-, e que abranguen toda a familia do instrumento, o Cuarteto Caramuxo mudou a sexteto coa entrada da percusionista Patricia Cela e do acordeonista Alonso Caxade, mais decidiu non cambiar o nome e si virar de vez o seu repertorio cara á reinterpretación de pezas da...


RUMBOIA 232: Os Morenos de Lavadores – Aires da Nosa Terra (1970)
09/06/2022

Nos albores do século xx desenvolveuse no antigo concello de Lavadores un forte movemento asociativo e cultural que ía poñer as bases da música de gaita en toda a comarca viguesa. Constante Moreda, Francisco Neira, O Panete, O Formoso, Manuel e Ángel Barciela, Miloroà sentaron os alicerces para que dous gaiteiros mozos, Manuel e José, os Oliveira Blanco, formasen en 1933, xunto ao Firma e a Román na percusión, o cuarteto Os Morenos de Lavadores. Aqueles dous morenos irmáns ían gozar cos anos da compaña na percusión de Luis O Coxo, O Palas, Andrés, Ito...


RUMBOIA 231 : A Tajea – En Clave de Ja (2020)
09/06/2022

A Tajea é unha agrupación musical de Outes formada por 6 mulleres cun estilo propio, elas mesmas defínense como un grupo moi festeiro. Teñen gaita pero non son gaiteiras. Teñen pandeireta pero non son pandeireteiras, e todas cantan pero non son cantareiras. Este grupo de 6 mulleres poñen un aire novo e fresco á música tradicional. Os seus directos non deixan a ninguén indiferente e sempre conseguen sacar as sonrisas do público. “A Tajea” naceu polas ganas de festa, a primeira vez que tocaron xuntas foi nuns Cantos de Taberna, alá polo 2017, no concurso “PONTE UN SANCOSMEIRO”, e d...


RUMBOIA 230: Acordeireta – Loitar Cantando (2020)
09/06/2022

Un total de 15 temas compoñen este disco que leva por título Loitar Cantando. Recollen a gradecen temas de moitos músicos da Galiza e, tamén, poesías que dan letra ás súas músicas. Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Lanzán o seu primero traballo discográfico a finais de 2020 no arriscado momento da pandemia que todo o inunda. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar tem...


RUMBOIA 229: Fuxan Os Ventos – Fuxan os Ventos (1976)
09/06/2022

No ano 1976 fuxan os ventos publicaban o seu primeiro disco titulado Fuxan os ventos, que se presentaba así: "Este feixe de cancións non quere ser máis ca o recordo e a dignificación dunha canción popular de hai anos xa, e un esbozo da canción galega de hoxe que, partindo de formas musicais galegas, non adormente senón que formule a realidade dunha Galicia viva, que por viva canta, pretendendo, polo tanto, ser o reflexo dun pobo que vive uns problemas nun intre crucial e definitivo da súa historia." Tal declaración de principios abrangue as dúas v...