Efervesciencia

10 Episodes
Subscribe

By: Manuel Vicente

Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.Doses de ciencia sen contraindicacións. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia e Innovación)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á nosa Avoa de Einstein?

Efer 668 (4-4-24): Desentrañar a electrónica orgánica
#688
04/07/2024

(5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman.
(14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidator Grant de 2 millóns de euros. Martín afondará na estrutura dos polímeros semicondutores a partir do seu novidoso modelo semiparacristalino. Tamén conversamos con Mariano Campoy Quiles (ICMAB-CSIC). Estes materiais están chamados a producir, por exemplo, paneis solares flexible...


Guia do Ceo Primavera 24 con @astroxabi
#678
04/07/2024

Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks. 
Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026.


Efer 667 (28-3-24): Glicosa
#667
04/06/2024

Coñecemos a algúns dos gañadores dos premios á investigación científica 2023 da Real Academia Galega de Ciencias
(4:47) María Jesús González Rellan (Mount Sinai, Canadá) polos seus traballos na gluconeoxénese hepática.
(37:39) Marcos Ortega Hortas (UdC) polo uso de técnicas de intelixencia artificial en imaxe médica.
(32.07) Ímonos de ruta de turismo científico por Ancares e Courel con Maite Vence.


Protonterapia avanzada con Yolanda Prezado [Versión estendida]
#666
03/26/2024

[Versión estendida] Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia.
Foto orixinal: Alejandro González García. CiMUS


Mate-glifos [Versión estendida]
#666
03/26/2024

[Versión estendida] No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos.
Foto orixinal da carátula: Duvi


Efer 666 (21-3-24): O número 666
#666
03/26/2024

(2:54) María José Mariño preséntanos o programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
(7:55) Yolanda Prezado incorporase ao CIMUS USC como Oportunius Research Professor para desenvolver investigacións de vangarda en radioterapia.
(29:06) No programa 666 de Efervesciencia non nos resistimos a analizar matematicamente esta cifra aparentemente diabólica. E aproveitamos para coñecer cal foi a orixe e evolución dos signos matemáticas que empregamos no día a día da man de Nicanor Alonso e Miguel Mirás. Os dous son profesores de matemáticas da Universidade de Vigo a autores do libro Mate-glifos.


Efer 665 (14-3-24): Frass, residuos de insectos para fertilizar o campo
#665
03/16/2024

(2:27) Aprendemos mellor lendo en pantalla ou papel? Bitácora do Beagle de Julio Rodríguez.
(13:45) A investigadora da UVigo María Gómez Brandón é especialista na ecoloxía microbiana dos solos. Gómez estuda como valorizar residuos agrícolas, por exemplo coa vermicompostaxe. Actualmente desenvolve unha investigación xunto co *International Centre of Insect Physiology and Ecology* de Kenia sobre o frass, que é un fertilizante que se obtén das larvas e as deposicións dos insectos.
(35:38) Por que aínda non pisamos Marte? Postal Planetaria con Borja Tosar.


Efer 664 (7-3-24): Ouro azul do Congo no teu coche con @xavieraldekoa
#664
03/09/2024

(2:23) O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos o efecto dos festivais de músicoa ao aire libre nas poboacións de paxaros.
(11:09) Alejandro Rodríguez leva 10 anos organizando en Área Central de Santiago a maior feira de minerais da Península.
(17:19) Darwin comezou sendo coleccionista.
(18:56) En 2014 atopáronse de casualidade xacementos de cobalto na República Democrática do Congo. Agora sabemos que máis da metade das reservas mundiais deste metal están neste país africano. As baterías dos coches eléctricos necesitan quilos deste material para seren eficaces. O xornalista Xavier Aldekoa percorreu os máis dos 40...


Economia ambiental con María Loureiro [versión estendida]
#663
03/05/2024

[Versión estendida] Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambiental.


Efer 663 (29-2-24): Canto baleirarías o peto para loitar contra o cambio climático?
#663
03/02/2024

(2:32) Lucia Martín Cacheda da MBG-CSIC estuda os compostos volátiles orgánicos que emiten as diferentes familias de plantas da pataca para alertaren ás súas veciñas cando son atacadas .
(15:29) Un recente estudo publicado en Nature Climate Change atopou que un 69% da poboación mundial estaría disposta a achegar o 1% dos seus ingresos para mitigar o cambio climático. Son fiable estas enquisas? Que papel xoga a economía na loita contra o cambio climático? Conversamos coa catedrática de Análise Económica da USC María Loureiro, directora científica de ECOBAS, especialista en economía ambi...